Deportes

Galicia volve a casa con 54 medallas do Open de España de taekwondo

taek01

Boa fin de semana dos galegos no Open de España de Taekwondo celebrado en Benicassim. Aínda que Katya Calvar foi a única galega en conseguir medalla na competición sénior, un bronce, os rapaces e rapazas que competiron na categoría junior volveron a casa con 17 medallas na maleta, 4 ouros, 4 pratas e 13 bronces, medallas ás que hai que sumar as catro que acadaron os deportistas galegos presentados polos seus clubs e non pola selección.

taek02Estiveron mellor as mulleres, que sumaron un total de 13 medallas, tres delas ouros para Tania Castiñeira, Zaira Vázquez e Jéssica Blanco. Prata para Miryam García e Elena Pérez e bronces para Aitana Santomé, Uxía Ogea, Pilar Rodríguez, Lucía Santomé e Arlet Ortiz pola selección galega e Alma Pérez e Carla Muñiz polo Suh Sport.

Na categoría masculina, Javier González logrou o título de campión de España nun peso con moita competición e compartiu podio con outro galego, Unai Silva, que logrou a medalla de bronce. Medalla de prata para Vicente Díaz e bronces para Nicolás Argibay, Adrián Pombo  e Jesús Veiga da selección galega. Por clubs, bronces para Yerai Rodríguez (Taekanart) e Alejandro Pérez (Natural Sport Videlgi).

taek03Pola súa banda, a selección galega cadete acadou magníficos resultados no Open de España, con cinco ouros, tres pratas e seis bronces, aos que houbo que sumar as medallas de clubs galegos coma as pratas de Alejandro Paz (Natural) e Pablo Escudeiro (Patiño Moaña). Na categoría feminina ouros para Ana Dosil e bronce para Isabel Garrida e Sara Gacio. Na categoría masculina houbo moi bos resultados: ouro para Xián Rodríguez, Pablo Patiño, Óscar Ortegueira, David Rodríguez e Pablo Escudeiro, prata para Sergio Gonzalo, Noh Pereira e Brais Iglesias e bronce para René Costas e Darío Dacosta.

Tamén houbo varias medallas na modalidade de técnica e freestyle. Os ouros foron para o trío júnior masculino, formado por Jorge Posada, Samuel Alves e Yago Davila; para Samuel Meilán en sénior 2 e para Encarna Quintela en máster 4. Ademais, o trío cadete masculino (Manuel Paz, Álvaro Portela, Daniel Redondo Plata) e a parella 1 (Nerea Alamancos e Alejandro Losada) lograron sendas medallas de prata. E rematamos con seis bronces. Na modalidade de freestyle lograron cinco ouros, tres pratas e cinco bronces.

También te puede interesar