Comarcas

A localidade de Porriño convértese na raíña do balonmán

coparaina01

Pistoletazo de saída a tres intensos días do mellor balonmán feminino en O Porriño. Esta mañá comezou na pista do pavillón municipal a fase final da Copa da Raíña, competición que dende hoxe e ata o domingo reunirá a oito equipos que pelexarán por facerse co título. O bo momento que está a vivir este deporte queda patente na competición nacional, con dous equipos galegos na máxima categoría do balonmán feminino español, e no importante incremento de licenzas femininas en Galicia.

coparaina02Gran afluencia de público dende primeira hora da mañá para ver disputar os primeiros partidos da competición, entre a que se atoparon distintas autoridades da localidade.

Novidades

Trátase  da edición máis mediática desta Copa, xa que ademáis dos máis de 50 xornalistas acreditados para cubrir o certame Teledeporte ofrecerá cinco dos partidos da fase final e o resto serán retransmitidos a través de streaming na páxina web da Federación Española de Balonmán.

coparaina03Outra das novidades desta edición será a celebración da Minicopa, na que xogarán os equipos cadetes dos clubs clasificados para a fase final da Copa Raíña. A Minicopa celebrarase en horarios diferentes (pista 1 e 2) e con entrada gratuíta. A xornada do venres será a máis intensiva, con partidos dende primeira hora ata a noite. A Minicopa comezará ás 09:30 horas e o último choque, comezará ás 20:00 horas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.