Comarcas

A Deputación achegará 137.000 euros para novas accións en 8 concellos

nigranDeputación de Pontevedra acaba de aprobar unha nova partida de subvencións por valor de máis de 137.000 euros para actividades culturais, deportivas, sociais, turísticas e medioambientais de oito concellos. Esta iniciativa forma parte do Plan Concellos, un novo modelo co que se pretende converter aos municipios en protagonistas e está a poñer a disposición de 60 concellos da provincia 40 millóns de euros distribuídos en catro liñas de axuda: investimentos, necesidades de gasto corrente, actividades culturais, deportivas, sociais, turísticas e medioambientais e axudas para financiar o emprego.

Destas novas subvencións beneficiaranse os concellos de Agolada, Arbo, Bueu, Caldas de Reis, Mos, Nigrán, Pontecesures e Vilaboa para poder levar a cabo, entre outras cuestións, campionatos de quad e bolos, campamentos musicais, mostras de artesanía, certames de corais, festas e feiras, carreiras, festivais musicais, guías de sendeiros, festivais infantís, mostras de viño ou trofeos de fútbol, entre outros.

También te puede interesar