Galicia

A CIG convoca manifestacións este xoves, 10 de marzo, baixo o lema “Reformas Laborais e Lei Mordaza, anulación xa!”

CIG221Con motivo do Día da Clase Obreira Galega, a CIG convoca asembleas e mobilizacións nas 7 cidades e en varias vilas galegas (Vigo:20:00 h. dende A Doblada) baixo o lema “Reformas Laborais e Lei Mordaza, anulación xa!”. A central sindical denuncia que o obxectivo destas contrarreformas era, e así se evidenciou, precarizar as condicións laborais para favorecer o incremento de beneficios para as empresas e dotarse da lexislación necesaria para reprimir a contestación social a esas medidas antiobreiras e antisociais. Por iso, e atendendo aos resultados das eleccións do 20-D, neste 10 de Marzo, a CIG exixe a súa inmediata derrogación.

O secretario xeral da central, Suso Seixo, explica que coa reforma laboral “o que se fixo foi facilitar o despedimento, provocar unha caída xeneralizada de salarios, incrementar a contratación temporal e a contratación a tempo parcial -que leva aparellada unha escandalosa nivel de fraude- para incrementar o máximo posíbel os beneficios das empresas”.

Seixo subliña que  isto viu acompañado dunha política represiva a través da ‘Lei Mordaza’, que “realmente é un instrumento máis da administración, neste caso do PP, para reprimir calquera tipo de movemento e contestación social ás políticas antiobreiras e antisociais do PP”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.