_agenda Agenda

Mil historias nos eclipsan na Universidade

A XII Mostra de Teatro Univesitario do campus de Vigo está a chegar ao seu fin. A Aula de Teatro da Universidade de Vigo será a encargada de traer esta tarde (18:30 h) ao teatro Vidal Bolaño a penúltima obra desta edición, ‘Eclipses’, de Manuel Lourenzo. Este é o título xenérico para unha colección de pequenas pezas teatrais que van dende unha mirada irónica ao ambiente que envolve a escena en ‘A prea’ ata a ‘Crónica funesta de Alemparte’, experiencias dos que cruzaron o río e sen embargo continúan no empeño de protagonizar todas as emocións humanas. E sempre pasando, por suposto, polos eclipses, breves apuntamentos sarcásticos sobre a vida social, artística e pública en diversos momentos da historia.

Un teatro sen revestimentos nin adornos, indirecto como a propia vida, nado dunha profunda vocación desestabilizadora…. Partindo das pezas de teatro breve que Manuel Lourenzo propón nesta publicación, encontramos un material moi interesante para traballar cos alumnos que dende a universidade inician a maioría por primeira vez un encontro co teatro.

También te puede interesar