Vigo al minuto

Marea pide unha xuntanza con PSA para alertar do perigo de reformar o Plan Xeral coa «chiringuitada» da Lei do Solo

Rubén Pérez, voceiro municipal da Marea (ARQUIVO)/Foto:vigoalminuto.com
Rubén Pérez, voceiro municipal da Marea (ARQUIVO)/Foto:vigoalminuto.com

O voceiro do Grupo Municipal da Marea de Vigo considera xurídicamente consistente, e con precedentes xa no urbanismo de Galicia, a proposta lanzada polo grupo parlamentar de AGE que permitiría que proxectos que o Goberno Local de Vigo e o de Galicia consideren extratéxicos (proxecto estación Thom Mayne , Cidade da Xustiza, ampliación do Polígono de Balaídos) saíran adiante cos instrumentos que actualmente existen, que exisen garantías e informes sectoriais e que conteñen un periodo de exposición público, como son os plans ou proxectos de incidencia supramunicipal, recollidos na Lei de Ordenación do Territorio de Galicia dende 1995.

Marea de Vigo solicitou hoxe unha xuntanza á dirección da PSA para alertar do baleiro legal que esta modificación do artigo 144 da Lei do Solo, introduce ao eliminar de facto un dos sosténs do dereito urbanístico, que son os periodos de exposición pública e o lexítimo dereito de alegacións da cidadanía ante unha infraestructura ou ámbito urbanístico na que é afectado. Marea alertará de que o modelo que o PP e PSOE sosteñen xerará novas «inseguridades xurídicas».

Rubén Pérez sostén como a única posición coherente co seu programa político a posición de AGE no parlamento esta semán: «Xa que sigue sendo imprescindible a participación pública na tramitación dos proxectos e plans urbanísticos, sen a cal todo o procedemento estaria viciado de nulidade absoluta». Quenes din unha cousa e se moven na permisividade parlamentaria para que o PP aprobé esta modificación «deberían dar explicacións ás súas bases e o seu electorado».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.