Vigo al minuto

O alcalde anuncia o pago «inmediato» de axudas de emerxencia a 1.828 familias

Colas en el Concello para solicitar las ayudas (ARCHIVO)
Colas en el Concello para solicitar las ayudas (ARCHIVO)

O alcalde anunciou este luns da finalización do procedemento de tramitación técnica de análise e concesión do Programa de Axudas Extraordinarias a Familias, dotado de 2 millóns de euros, que o goberno local destina ás familias que o precisan para que poidan afrontar o pagamento de hipotecas, do subministro de enerxía e de alimentación, a coñecida como «tarxeta da dignidade».

Abel Caballero adiantou que hoxe asinouse a proposta técnica deste proceso, que será aprobada en Xunta de Goberno e que ten un importe total de 2 millóns de euros. «Concedemos 1.828 axudas, polo tanto son 1.828 familias que reciben axudas para pagar as súas hipotecas, os seus alugueres ou para pagar o subministro eléctrico de gas ou a súa alimentación». Dende este momento, a proposta segue os pasos establecidos pasando á intervención municipal para ser aprobada a continuación pola Xunta de Goberno Local.

Caballero sinalou que o Concello tramitou «3.000 axudas e houbo que analizalas unha a unha en detalle, facendo a valoración para poder ser asignada; un traballo ímprobo, importante» e anunciou que as axudas se van pagar «de forma inmediata».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.