Comarcas Vigo al minuto

Este mismo mes haberá proxecto da primeira fase de humanización da Avenida de Vigo

La conselleira de Infraestructuras y el alcalde de Redondela, Javier Bas
La conselleira de Infraestructuras y el alcalde de Redondela, Javier Bas

A Xunta atenderá a solicitude do Concello de Redondela de construír unha pasarela peonil adosada á Ponte Julián na súa marxe dereita, como actuación complementaria ás obras de ampliación executadas este mesmo ano nesa infraestrutura. Esa petición foi trasladada polo alcalde da localidade, Javier Bas, á conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, na xuntanza que ambos os dous mantiveron este martes para abordar asuntos de interese municipal.

A conselleira de Infraestruturas expresou a vontade do seu departamento de atender a esta petición do Concello de Redondela, destinada a facilitar o tránsito dos peóns, se ben manifestou a necesidade de coordinar coa Dirección Xeral Patrimonio Cultural o relativo ao traslado do peto de ánimas.

Ethel Vázquez e Javier Bas abordaron tamén a solicitude do Concello relacionada coa humanización da Avenida de Vigo (PO-323) ao seu paso por Chapela. A este respecto, a conselleira de Infraestruturas e Vivenda informoulle ao alcalde de que neste mesmo mes de novembro disporá do proxecto da primeira fase desta actuación.

Este proxecto, que será presetando ao Concello, prevé o acondicionamento da vía, recollendo, entre outras actuacións, a mellora das beirarrúas e do firme, favorecendo o tránsito tanto de vehículos como de peóns.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.