Cultura Vigo al minuto

A Oficina de Dereitos Sociais de Coia presenta, este xoves, unha ‘Guía de Axudas Sociais’

15out_presentacion_quinta_webO vindeiro xoves, día 15, na ‘Quinta da Carmiña’, na rúa do Carme,ás 7 e media da tarde, a Oficina de Dereitos Sociais de Coia presena a ‘Guía de Axudas Sociais’ para que «sirva de ferramenta na loita por conservar e ampliar os dereitos sociais para todas. Queremos que a lean, a reflexionen, a compartan aquelas persoas que padecen con máis dureza o empobrecemento na súa vida cotiá».

O empobrecemento, o desemprego, a precariedade, as pensións de miseria, a cesta da compra que non para de subir, a vivenda entendida como un ben de consumo, «colócannos fronte a serias dificultades para atender as necesidades máis básicas».

Isto fai que «moitas persoas nos vexamos en graves problemas para cubrir os mínimos para a vida: alimentación, vivenda ou saúde», indican dende a Oficina.

Estas situacións, suibliña, obrigan a moitas persoas a acudir aos chamados «servizos sociais» na procura de axuda, solución ou, ás veces, «dese milagre que precisan para satisfacer as súas necesidades básicas».

A Oficina de Dereitos Sociais afirma que a realidade amosa que o que debería de ser un acceso seguro e transparente a un servizo público, «como a sanidade ou a educación» convértese, de feito, nunha «carreira de obstáculos» onde desgraciadamente é preciso ir informada de antemán, coñecer os nosos dereitos, saber o que dicir e o que non se «permite» facer.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.