Vigo al minuto

Afectados pola Hipoteca cualifica de «labirinto de documentacións e demoras» as axudas a familias a piques de desafiuzamento

11986341_885323221521556_5561839713849591556_nA Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH) de Vigo-Baixo Miño, denunciou este domingo, durante unha xuntanza, tres novos casos de desafiuzamento por impago de aluguer que teñen en común unha situación precaria, de emerxencia habitacional ( falta de ingresos suficientes) e problemas de suministros básicos como o agua ou a luz.

A PAH sinala que os afectados estiveron no Concello, na Concellería de Benestar Social, e “atopáronse que a resposta e un labirinto de documentacions e demoras, unha verdadeira carrera de atrancos que transmite aos afectados o temor de que cando cheguen as axudas será sa moi tarde”.

A Plataforma, ademáis de amosar a súa solidariedade coas familias afectadas, denuncia que “non é de recibo que existindo miles de casas baleiras na cidade, moitas delas a consecuencias dos desafiuzamentos, non se articule xa un Parque de Vivendas de Emerxencia Habitacional” co que e poida facer fronte á situación de moitas persoas que están a piques de acabar na rúa pola imposibilidade de facerlle fronte ao pago da hipoteca ou do alugueiro.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.