Cultura Vigo al minuto

Último mes para comprar os abonos da tempada de teatro en Vigo

El eunuco 1A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) pechará, o próximo 15 de setembro, a venda dos abonos para a nova tempada de teatro en Vigo. Ademais do aforro que supón o abono, un 20 % con respecto aos prezos dos billetes soltos, a fundación galega ten en marcha unha política de bonificacións e descontos para desempregados, xubilados e mozos que supón unha rebaixa adicional dun 10 %.

en el estanque dorado 1As entradas soltas para as dúas primeiras obras, ‘El eunuco’ e ‘As do peixe’, pódense adquirir xa dende o pasado 20 de xullo, mentres que as entradas específicas para o resto das obras poranse á venda a partir do 17 de setembro. Todas as compras poden realizarse a través das canles habituais de venda de Afundación en ataquilla.com e no teléfono 902 504 500.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.