Comarcas Galicia

A Festa da Lamprea cumpre medio século repartindo 20.000 racións

A Festa da Lamprea cumpre 50 anos de vida.
A Festa da Lamprea cumpre 50 anos de vida.

É a festa gastronómica máis antiga de Galicia. A Festa da Lamprea de Arbo cumpre os próximos 23, 24 e 25 de abril 50 anos e celebrará o seu aniversario repartindo máis de 20.000 racións sacadas de 5.000 exemplares preparados á bordalesca, seca ou en empanada. Mil xeitos de preparar un peixe tan particular que con 500 millóns de anos de existencia nace no río, vota dous anos coma emigrante no mar e regresa ás augas fluviais a pasar o resto da súa vida.

Recoñecida como festa de interés turístico nacional desde 2005, esta cita gastronómica naceu en 1961 e xa foi ensalzada por escritores tan destacados como Álvaro Cunqueiro. E contan as vellas que xa Afonso XIII probou este peixe despois de ser obsequiado con varias pezas ao seu paso pola vila.

A festa foi presentada entre máis de 150 autoridades, o que axuda a facerse unha idea da importancia desta cita coa lamprea, na que se xuntan gastronomía e paisaxe. Como asegurou o Conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, «se Galicia é o país dos mil ríos e festas, de entre os ríos galegos, o Miño, e, de entre as festas gastronómicas, a lamprea de Arbo».

A presentación estivo arropada por máis de 150 autoridades.
A presentación estivo arropada por máis de 150 autoridades.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.