Vigo al minuto

Marea de Vigo denuncia que o Concello no esixe ás concesionarias municipais que cumpran a lexislación laboral

Rubén Pérez, voceiro da Marea de Vigo no Concello/Tresyuno Comunicación
Rubén Pérez, voceiro da Marea de Vigo no Concello/Tresyuno Comunicación

O voceiro municipal da Marea de Vigo, considera que nos pregos de contratación e licitación do Concello teñen que xeneralizarse as cláusulas sociais como cumprir a lei de subcontratas para evitar a concatenación de empresas para a xestión dos servizos públicos, ou outras como “non ter reducido o número de traballadores no cadro de persoal no último ano, certificados de cumprimento da lei de prevención de riscos laborais e non ter sancións por parte de inspección de traballo”.

Rubén Pérez considera “inexistente” o seguemento da situación laboral e do cumprimento da lexislación laboral por parte municipal nas empresas que xestionan contratos públicos e lembra que “existe unha responsabilidade directa do Concello en que en determinados servizos aparezan situacións de precaridade laboral, flexibilidade arbitraria e mesmo incumprimentos graves dos convenios colectivos”.

“Exemplo disto é a actuación de diferentes empresas que agora mesmo están o cargo de varias concesións públicas” sobre as que Marea de Vigo quere comprobar o cumprimento das mesmas, “especialmente no tocante a dereitos laborais, como é o caso de Clece”, sobre a que a Marea ven de solicitar todos os expedientes das concesións onde son adxudicatarios.

También te puede interesar