Sucesos

Darío Campos, alcalde de A Pontenova, candidato socialista á Presidencia da Deputación de Lugo

Darío CamposO Partido dos Socialistas de Galicia, ven de anunciar que propón a Darío Campos, alcalde de A Pontenova, como candidato á Presidencia da Deputación de Lugo. Deste xeito, os socialistas retiran a Manuel Martínez, rexidor de Becerreá, que fora vetado polo Bloque Nacionalista Galego (BNG), por estar imputado.

A retirada de Martínez abre unha interrogante xa que o alcalde de Becerreá xa anunciou que non estaba disposto a retirar a súa candidatura e que na elección de presidente votaríase a sí mesmo.

Se fixera isto, o Partido Popular, que ten 12 deputados provinciais, faríase coa dirección do ente provincial lucense, dado que a suma do PSOE-que quedaría con 10 votos sen o de Martínez- más os 2 do BNG- sumarían tamén 12, pero , dacordo coa lei electoral, o elixido sería o representante do partido máis votado na provincia nas pasadas Eleccións Municipais: o Partido Popular.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.