Galicia

Productores lácteos galegos crean unha operadora conxunta que ofertará máis de 800.000 toneladas de leite

VacaA dúas organizacións de produtores lácteos galegas, a Unión Leiteira Galega (Ulega) -impulsada por Unións Agrarias- e Aprolac -promovida entre outros por Feiraco- acordaron crear unha operadora conxunta.

Segundo informa Ulega nun comunicado, reuniu en asemblea ás súas 12 xuntas territoriais para dar o visto bo a unha asociación que «unifique estratexias e obxectivos» con Aprolac, “as dúas únicas organizacións con capacidade de negociar contratos coa industria”.

Entre as dúas se ofertarán, así, máis de 800.000 toneladas de leite producidas por 4.000 explotacións lácteas, o que sitúa a este ‘stock’ entre os máis destacados da Unión Europea (600.000 toneladas e 2.500 gandeiros correspóndense con Ulega).

Así mesmo, os produtores de Ulega analizaron o novo escenario sen cotas lácteas a partir de abril para esixir ás administracións o rigoroso cumprimento do paquete lácteo no ámbito da negociación colectiva con garantías coas industrias.

Ulega denuncia que «este marco regulador non é o axeitado porque carece de pezas moi importantes como a figura do mediador con carácter obrigatorio e a excepcionalidad á reununcia a contratos dun ano por parte de gandeiros».

Asi mesmo, demanda á industria e a distribución que «se absteña de utilizar a presión como elemento de distorsión do mercado», ademáis, Ulega aposta por unha maior diversificación de produtos máis alá de leite líquido para o futuro.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.