Vigo al minuto

Nosa señora Abelina di Trevi preside o enterro do Meco

Nosa señora Abelina di Trevi/Tresyuno Comunicación

¡¡Aii o meu defuntiño, co feitizo que era!! O Meco 2015 acompañado por ducias de plañideiras, asistido espiritualmente por bispos, cregos e monxas recibiu sepultura este mércores en Vigo.

Chorando/Tresyuno Comunicación

O cortexo fúnebre saiu pasadas as 6 e media da tarde da Praza da Constitución, seguiu por Príncipe, Colón, Policarpo Sanz e de volta á Porta do Sol, seguido por centos de personas que aproveitaron que, co enterro foise tamén a choiva, e ateigaron o centro de Vigo para despedir ao rei do Entroido deste ano.

Curas/Tresyuno Comunicación

Presidían a comitiva as autoridades eclesiásticas, unha peculiar representación da nosa señora de Abelina di Trevi, patrona das rotondas e dos barcos varados, á que o Meco sempre tuvo moita devoción, e as ducias de viuvas que deixa o finado, que ia exposto no cadaleito no medio do arrecendo a incenso.

Porta do Sol/Tresyuno Comunicación

Para aquel@s que non poideron disfrutar do Entriodo deste ano o mal tempo fíxolles un favor xa que o desfile das comparsas, que tiña que celebrarse o pasado sábado, suspendeuse polo choiva e será este domingo, día 22, ás 5 da tarde, asi que, tendo en conta que segundo as previsión de MeteoGalicia, o día estará seco e despexado, non teñen excusa para non participar no mesmo.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.