Vigo al minuto

Di #StopEbola, pása pola exposición itinerante de Médicos sen Fronteiras en Vigo

Médicos Sin Fronteras (MSF) ten desde este xoves en Vigo a súa exposición itinerante ‘Centro de tratamento de pacientes de ébola’, coa que quere achegar á cidadanía o traballo que a organización realiza contra o ébola en África occidental.

Esta mostra está aberta ao público vigués ata domingo, na Porta do Sol, e na mesma  pódense visitar tendas de campaña para o tratamento de ébola semellantes aos que a ONG usa en Liberia, Sierra Leona, Guinea-Conakry, Mali, Senegal e Nexeria e nas cales os preto de 4.000 traballadores e voluntarios de MSF atenderon a  máis de 8.000 persoas das cales máis de 2.000 lograron superar a enfermidade.

Miriam Alía, coordinadora médica estatal de MSF, que leva máis de 5 anos traballando nestos países, salientou que esta epitemia de ébola é 10 veces máis grave que  as que houbo dende que se descubriu a enfermidade en 1976, ata o de agora, “todas xuntas”. Miriam afirmou que antes “unha epidemia grande significaba a atención de 30 ou 40 casos, nesta 21.000 persoas tiveron a enfermidade e morreron 8.428”. Isto débese ao feito de que o brote afectou a varios países e empezou en zonas fronteirizas, o que facilitou a propagación do mesmo.

Alía reiterou a necesidade de atacar a enfermidade en África, que é no lugar onde está matando a máis persoas e pediu á colaboración na campaña #StopEbola para informar, sensibilizar, amosar a loboura dos seus voluntarios e recadar fondos- por medio do envío de SMS co texto STOP EBOLA ao 28033- cun custo de 1,2 € que vai íntegramente ao tratamento desta doenza– ou por medio da web www.stopebola.es.

Nesta campaña é importante a participación dos cidadáns, que aportan máis do 90% dos fondos que precisa Médicos sen Fronteiras para seguro traballando e que suman aportacións de máis de 2,2 millóns de euros. Entre eles están os 37.000 galegos que colaboran habitualmente con MSF, entre os cales están máis de 4.000 vigueses, que prestan a súa axuda a esta ONG que é a que máis enfermos de ébola trata en África Occidental.

 

También te puede interesar