
O deputado Abel Losada invitou ao presidente Feijóo, a presentar a Carlos Príncipe como candidato do PP á Alcadía de Vigo xa que é «moi amigo» seu, e criticou que so presidente sexa «moi locuaz» para falar da expulsión do ex alcalde das filas socialistas e, pola contra, non explique a súa relación con Marcial Dorado ou con Pachi Lucas.
Nun comunicado, o deputado socialista reposta ás declaracións realizadas por Feijóo, este xoves, logo do Consello da Xunta, nas que dixo que o PSOE «se apresurou menos» en expulsar Príncipe que en desmentir as súas acusacións sobre suposto enchufismo e corrupción no Concello de Vigo.
Abel Losada di que Feijóo «se volveu moi locuaz con esta decisión do Partido Socialista, pero segue mantendo silencio» sobre a súa relación co narcotraficante Marcial Dorado, co «seu amigo» Pachi Lucas, que «aparece como intermediario en canto negocio hai neste territorio».
Ademáis, Losada pediu a Feijóo que aclare «os sistemáticos contratos da Xunta coa empresa na que a súa irmá desempeña un cargo de responsabilidade. Claro que non esperamos outra cousa dun presidente que ten a visión de que a ética a dan os votos», di o deputado do PSdG.
