Vigo al minuto

Galicia, chuvias intermitentes e alertas no mar por ondas e vento

Unha nova fronte chega a Galicia, deixando unha alerta laranxa por ondas e un aviso amarelo por vento no mar. Segundo informa MeteoGalicia, as baixas presións continuarán localizadas no Atlántico, ao oeste de Irlanda.

Nesta xornada, Galicia atópase con ceos que estarán anubrados e chuvascos durante a mañá que tenderán a desaparecer chegada a tarde, abrindo novos claros. Pola noite, regresarán as precipitacións intensas. Os ventos soprarán de compoñente oeste, moderados en xeral, con intervalos fortes na costa e nas zonas altas do interior. Pola noite, cambiarán a dirección sur con refachos moi intensos na madrugada do xoves.

Nas temperaturas mínimas, os termómetros marcan os 8 grados en Lugo; 10 en Ourense; un máis, en A Coruña; e 12º, en Vigo máis Pontevedra. Os valores máximos oscilan entre os 13º de Lugo e os 16, de Vigo, Pontevedra e A Coruña.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.