Vigo al minuto

O xuiz Ruz cita os imputados pola quebra de Pescanova para que depositen 158,53 millóns de fianza

Manuel Fernández, ex presidente de Pescanova/Tresyuno Comunicación

O xuíz da Audiencia Nacional Pablo Ruz citou este martes os imputados polo caso Pescanova para recibir o requirimento do pagamento da fianza solidaria imposta de 158,53 millóns de euros. Os  imputados teñen agora un prazo de dez días para depositar o importe da fianza solidaria, coa que se trata de garantir as eventuais responsabilidades pecuniarias derivadas da causa, ou declararse insolventes.

A devandita fianza terá que ser asumida, segundo o auto do pasado 27 de xaneiro, por Manuel Fernández Sousa-Faro, Alfonso Paz-Andrade, Fernando Fernández Sousa, Robert Albert Williams, Antonio Táboas, Joaquín Viña, Alfredo López e IC Hólding Limited. A eles súmanse Carlos Turci, Alfonso García Calvo e Angel González Domínguez.

A finais de outubro, a Audiencia Nacional desestimou o recurso presentado polo ex presidente de Pescanova contra a fianza solidaria de 158,53 millóns de euros imposta o pasado mes de xaneiro.

No auto da Sala do Penal sección Terceira da Audiencia Nacional, o xuíz recoñece que se ben é certo que o prexuízo total causado pode chegar a variar» non só na fase de instrución, senón nas posteriores, dada a complexidade da causa, a imposición da fianza «en absoluto pode cualificarse de prematura».

Así mesmo, a resolución subliña que a alegación presentada por Manuel Fernández debe ser rexeitada, xa que «a inconcreción do número de imputados, en nada impide a fixación da contía da fianza, sen prexuízo de que ao longo da investigación se vaia adaptando».

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.