Vigo al minuto

Concerto de Camarada Nimoy, o sábado 4 de outubro, en La Pecera

Camarada Nimoy en Saumede. Imaxe cedida de La Pecera

Camarada Nimoy chega en formato dúo a La Pecera en Vigo, o sábado 4 de outubro a partir das 22 horas. Lonxe de ser un set acústico, é unha revisión máis electrónica e experimental de temas do seu repertorio, ou versións aínda sen interpretar polo grupo.

Os dous camaradas son Pablo Muñiz, no baixo eléctrico e efectos especiais; e Paulo Pascual: guitarra eléctrica, theremin e tamén fx. «Cando arrancamos sabiamos que a nosa é unha proposta arriscada, noutros xeneros está xa asimilada a autonomía da música sen unha voz solista, no jazz, no swing, no surf… no rock até agora non tanto, pero funciona perfectamente”, comentan.

Unha actuación que funde as frecuencias sonoras coa proposta visual mediante proxeccións. Na súa formación de dúo mateñen o obxectivo de crear unha proposta propia que se alimente de diferentes vías. A entrada para o concerto ten un prezo de 3 €.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.