Vigo al minuto

Este xoves podes coñecer a nova moda de Vigo no desfile de moda ‘Escaparate 2014’, na Porta do Sol

Chámase ‘Escapararte 2014’ e ven sendo a versión viguesa da Pasarela Cibeles, tanto que o nome alternativo é ‘Pasarela de Sol’– ‘Passerelle Sol’ ou ‘Passerella di Sole’, usando o francés e o italiano que pegan máis no mundo da moda. A diferencia é que está pensada para darlle a oportunidade a novos creadores en eidos tan distintos como a moda, o audoviosual, o deseño, ou o estilismo.

A mesma propón un  un «novidoso desfile ao aire libre”– o xoves, día 26, ás 9 e media da noite na Porta do Sol, no que os novos creadores compartirán pasarela con consagradas firmas como Patricia Avendaño e Selmark. O Concello organiza este evento coa colaboración da Federación de Comercio Vigo Histórico, a Escola de Deseño Goymar, o Instituto Audiovisual de Vigo e o IES de Teis.

Trátase, segundo os organizadores, dunha “aposta decidida” para impulsar  Vigo como cidade á vangarda, con mozos formados e emprendedores que, ademáis, presentan creacións íntegramente fabricadas na cidade.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.