Vigo al minuto

Prácticas no estranxeiro para estudantes da Universidade de Vigo (Uvigo)

O convenio de cooperación educativa entre a Deputación de Ourense e a Universidade de Vigo (Uvigo) permite aos alumnos realizar prácticas académicas en países estranxeiros para mellorar a súa formación, así como a súa inclusión no aspecto laboral. A medida busca regular a maiores, as prácticas a estudantes doutras universidades españolas e estranxeiras que se atopen na universidade situada na cidade olívica.

A duración das prácticas dependerá do plan de estudios vixente. O alumnado contará cun titor da Uvigo e outro da Deputación de Ourense, o cal remitirá un informe final o centro universitario vigués, recollendo o número de horas adicadas, capacidade de aprendizaxe e técnica, habilidades de comunicación ou capacidade de traballo en equipo.

Os dous convenios de colaboración cifran o importe en 175.000 euros, cantidade destinada ás bolsas de mobilidade Ourense Exterior. O acordo que celebra a súa terceira edición ten como obxectivo o «desenvolvemento de programas e actividades de difusión cultural, investigación e formación» no Campus de Ourense. Nos próximos días, constituirase a comisión de seguimento dos convenios.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.