Vigo al minuto

A matrícula poderá pagarse en seis prazos na Universidade de Vigo, o curso que ven

A Universidade manterá o próximo curso 2014-2015 a posibilidade de que os alumnos poidan facer o pagamento fraccionado da matrícula nun total de seis prazos, tal e como permitiu dende o curso 2012-2013.

Así o decidiu o consello de Goberno celebrado este venres, onde tamén se aprobou manter o importe fixo de 30 € por gastos administrativos na anulación de matrículas e aplicar un sobre custo dun 10 % cando non se fagan os pagamentos nos prazos establecidos.

Un estudante formulou a posibilidade de manter o pagamento fraccionado cando a un alumno lle sexa denegada a bolsa do Ministerio de Educación, non obstante, a dirección da universidade rexeitou a mesma xa que nalgúns casos se denegaron as bolsas no mes de abril, co que «non hai tempo para fraccionar os pagamentos».

Neste sentido, o reitor, Salustiano Mato, pediu que o Ministerio informe aos alumnos sobre a concesión ou denegación das bolsas «como tope no mes de decembro».

Así mesmo, na reunión deste venres tamén se acordou o calendario académico, que dará comezo o próximo 1 de setembro deste ano e finalizará o 31 de xullo de 2015, aínda que con algunhas modificacións en función das necesidades de cada escola e facultade.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.