Cultura

A Audiencia Nacional apraza ao día 23 o estudo do asasinato de José Couso que quere arquivar a Fiscalía

O xornalista José Couso foi asasinado por soldados norteamericanos, aos que agora protexe o fiscal, en 2003

O Pleno da Sala do Penal da Audiencia Nacional continuará deliberando o próximo 23 de maio sobre o futuro da causa na que o xuíz Santiago Pedraz investiga o asasinato do xornalista galego José Couso, a mans de soldados dos Estados Unidos, en 2003 durante a entrada en Bagdad das tropas norteamericanas.

13 dos 18 membros deste órgano, superior jerárquicamente ao xuíz instrutor, comezaron este venres o debate sobre o recurso presentado pola Fiscalía contra a decisión do xuíz Pedraz de negarse a arquivar a causa, que continuarán no próximo Pleno.

Os maxistrados teñen que pronunciarse sobre un recurso de queixa no que o Ministerio Público acusaba a Pedraz de construír “un andamiaje xurídico tan inusual como equivocado para manter custe o que custe unha competencia que non lle corresponde” e seguen instruíndo o ‘caso Couso’.

Con esta iniciativa a Fiscalía pretende que a Sala do Penal obrigue ao titular do Xulgado Central de Instrución número 1 a concluír o sumario e valore se a causa debe ser arquivada en virtude da reforma legal que limita a xurisdición universal ou sometida ao criterio do Tribunal Constitucional.

Pedraz rexeitou o pasado 17 de marzo arquivar este procedemento ao considerar que a limitación da Xustiza universal aprobada polo Congreso dos Deputados contraviría a cuarta Convención de Xenebra, que obriga a “perseguir os delitos contra as persoas e bens protexidos en caso de conflito armado”.

A nova normativa establece que os tribunais españois só son competentes para investigar causas de xustiza universal cando os investigados teñan a nacionalidade española, residan no noso país ou existan indicios de que o delito se cometeu en territorio nacional.

A Fiscalía recorreu a súa decisión en reforma alegando que Pedraz se extralimitara e vulnerara “palmariamente” as normas de competencia funcional, ao negarse a pechar a posibilidade de que as partes formulasen unha cuestión de inconstitucionalidade contra a limitación da xustiza universal.

 

También te puede interesar