_agenda Agenda

O Alt’10 salta a escea sobre as rúas de Vigo

A novena edición do Festival Alternativo ‘Alt’10’ arranca hoxe de novo coas alforxas cheas e con ganas de baleirar toda a enerxía sobre os distintos escenarios que acollerán os máis diversos espectáculos por toda a cidade.

E a pesares da crise a organización volta a apostar pola escena libre, o traballo experimental, polas linguaxes que se mesturan, pola innovación, pola dedicación, polos novos creadores e polos que levan anos abrindo portas.

Para hoxe

A encargada de estrenar o festival será a compañía Etxea, que levará ‘Exstrada’ polas rúas de Vigo durante tres días e que estará no Centro Comercial da Cidade Universitaria ás 14 horas. Todo para presentar unha performance que interfire e perturba a normalidade cotidiana rachando con códigos corporais e de comportamento en espazos públicos.

Ao Marco chega ás 20 horas a compañía valenciana Losquequedan con ‘Borrón#8’, unha peza de danza que ten como punto de partida os requisitos para conseguir unha subvención para montar un espectáculo que aínda non existe na que o público está  moi implicado.

A última oferta do día será na Casa das Artes. Ás 21:30 horas, Café Klash Collectif chega con ‘Hier j’ai collé des timbres et écrit des adresses á la main’, un longo título baixo o que se esconde unha proposta sen palabras a medio camiño entre a danza e os malabares. Inspirado nos grandes movementos de correo durante a guerra franco-prusiana, a obra utiliza como base miles de sobres.

También te puede interesar