Galicia

O 061 pide colaboración á cidadanía e solicita precaución ao volante durante os desprazamentos de fin de ano

Ante o aumento do número de desplazamentos por estrada estas datas, o 061 insta a aumentar as medidas de prevención e lembra a conveniencia de empregar os sistemas de seguridade activa, como os cintos, casco e cadeiras infantis. A ausencia dos mesmos fai que as lesións sexan moito máis graves en caso de accidente. A velocidade é outro dos factores determinantes, como o consumo de alcohol.

As lesións en accidentes son a primeira causa de morte prematura en Galicia. O ano pasado, nas mesmas datas, o 061 atendeu 89 accidentes, con 131 feridos e 4 mortos entre os días 28 de decembro e 1 de xaneiro.

Cómo actuar en caso de accidente

Unha vez se ten producido un accidente é fundamental actuar correctamente para evitar aumentar o número de vítimas. É importante non intervir se non se sabe cómo; e sempre avisar canto antes, para que acudan os servizos de emerxencia, marcando o 061.

O que se debe facer antes de auxiliar nun sinistro de tráfico, é aparcar o coche nun sitio seguro, afastado do accidente, e prender as luces de emerxencia.Deberase poñer roupa reflectante ou rechamante, pero nunca escura. Así mesmo,sinalizarase o accidente 200 metros antes e despois do lugar no que ocorreu.

Outra das medidas a realizar será apagar as luces e retirar as chaves do vehículo sinistrado e considerar a existencia de perigos engadidos como pode ser o desprendemento de gases, incendios, cables eléctricos, entre outros.

Así mesmo, a persoa que se atopa no lugar do sinistro pode ser de grande utilidade, seguindo as indicacións orientativas transmitidas polo persoal do 061-Galicia ata a chegada dos recursos especializados. Na chamada ao 061canto máis datos se lle dean máis se axudará a este organismo na súa tarefa.

É necesario facilitar o emprazamento exacto e correcto do lugar do accidente e o estado dos feridos para que se poidan enviar os recursos sanitarios necesarios dependendo da gravidade do suceso.

O que non se debe facer nunca é poñer en perigo a propia vida. Para iso, antes de atender aos accidentados, hai que adoptar as medidas de seguridade axeitadas, xa que de nada serviría aumentar o número de vítimas. Igualmente, e salvo que haxa perigo de incendio ou novas colisións, non se debe mover a ningún ferido, xa que poderían agravarse as súas lesións.

Unha vez valorada a situación do accidente e informado o 061-Galicia, hai algunhas cousas que se poden facer para axudar no sinistro, sempre baixo a supervisión do profesional médico de Urxencias Sanitarias que en cada momento indicará cómo actuar. Deberase actuar sempre mantendo as medidas de seguridade e de autoprotección para evitar novos accidentes.

É importante lembrar que o 061 é un servizo que funciona as 24 horas, os 365 días do ano e que moitas vidas pódense salvar se son tratadas dun modo axeitado.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.