Decenas de milleiros de personas saen á rúa en Ferrol para acompañar aos traballadores de Navantia

Decenas de milleiros de personas – 40.000 segundo a organización, 25.000 dacordo cos datos oficiais- acompañaron aos traballadores de Navantia na manifestación convocada este domingo en Ferrol. Os concentrados volveron esixir carga de traballo para os asteleiros e o cumprimento dos compromisos aos que se comprometeron o Goberno do Estado e a Xunta.

A falta de pedidos xa fixo que 3.200 familias quedasen sen traballo en todo o Naval e, se no se asinan axiña novos contratos, as empresas auxiliares deixarán na rúa a 600 personas máis cada semana.

A manifestación estivo ‘presidida’ por unha maqueta dunha fragata, lembrando a promesa do presidente do Goberno-feita no discurso de investidura- de que construiríase un sexto buque deste tipo para a Armada.

O voceiro do Comité de Empresa de Navantia advertiu que si non hai unha solución axiña “pódese producir un estourido social” xa que a vindeira semana sairá do asteleiro o último barco no que traballaba, o ‘LHD Adelide’, encargado polo goberno de Australia, “dende ese momento, perderanse entre 500 e 1.000 empregos na industria auxiliar”.

Terminada a manifestación, os representantes dos traballadores de Navantia pecháronse no Concello- un peche que non abandonarán ate o martes ás 11 da maña, na que está convocada unha asamblea que informará sobre a reunión do Comité Intercentros coa dirección do asteleiro sobre o plan estaréxico de Navantia que se aprobará o día 4-.

 

También te puede interesar