Galicia

Feijóo fai unha promesa, «se houbese solución ao tax-lease chegarán contratos aos asteleiros»

O presidente da Xunta manifestou o seu desexo de que o comisario europeo da Competencia, Joaquín Almunia, «estea a pensar na  marxe que hai para reconsiderar a súa proposta sobre o tax lease español” e reivindicou unha solución  intelixente en relación ás axudas, antes de asegurar que, “se a hai, chegarán contratos aos estaleiros privados da Ría de Vigo, pero tamén para Navantia”.

Ante as queixas de traballadores de Navantia pola ausencia dun prazo para o inicio do flotel de Pemex, Feijóo replicou que «o aliado máis claro do estaleiro é a Xunta” e revelou que mantivo unha reunión «cun armador que quere facer barcos en Navantia», do que non deu máis datos. «Ese é o meu traballo, axudar, malia que é un estaleiro público que depende do Goberno de España», afirmou, para engadir que, “con ou sen recoñecemento», manterá esta actitude. Acerca de se, tras a súa reunión co citado armador, hai garantías reais de novos pedidos para Navantia, sobre a que pesa o veto á construción civil polo menos ata principios de 2015.

«Se queda solucionado o tax-lease, a resposta é rotundamente sí. Se non queda solucionado, vólvame facer a pregunta e contestareille de forma axeitada», nunha resposta na que reiterou que lle consta que o Goberno xa remitiu os «argumentos xurídicos» esixidos por Almunia para antes da reunión da próxima semana.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.