Vigo al minuto

Dende este venres, Imaxina Sons

A Concellería de Cultura e Festas organiza un ano máis o Festival de Jazz de Vigo ‘Imaxina Sons’13’, que chega xa á súa novena edición, e que se desenvolverá dende o 28 de xuño ao 6 de xullo en distintos espazos da cidade, con protagonismo especial do auditorio municipal do Concello (Praza do Rei, 1) e a praza da Constitución.

Imaxina Sons é unha iniciativa municipal que se mantén no tempo en base a parámetros de calidade artística e vontade de satisfacer a diversos públicos, a maiores dos afeccionados ao jazz. Unha aposta pola cultura desde o ámbito municipal, que fai que o festival poda manterse fiel aos seus principios de programar jazz europeo, dándolle aos vigueses a oportunidade de ver artistas de primeira fila, e de promocionar e apoiar o jazz galego e o jazz español.

Na proposta artística contarase con figuras de primeira liña no jazz europeo como o pianista armenio Tigran, encargado do concerto inaugural no auditorio municipal, e o acordeonista francés Richard Galliano, encargado de pechalo na praza da Constitución.

O festival mantén como marca o apoio á creatividade máis próxima, máximo nos tempos que se saben difíciles para os creadores locais. Este apoio faise incluíndo no programa de concertos a artistas galegos que presentan os seus novos proxectos no festival, pero tamén creando espazos novos como é o caso dos concertos na rúa que «abrimos á nova escena local do jazz, rachando un pouco co estereotipo dun jazz nocturno, oculto». Imaxina Sons 2013 inclúe na súa proposta concertos de músicos de Vigo á luz do día, en espazos públicos que servirán de escaparate para o traballo dos novos creadores.

Como novidade, o festival abre un novo espazo este ano baixo a denominación «Academia de Sons», que con propostas didácticas en forma de concertos, talleres e cine quere conectar cun público amplo, un público familiar, infantil, xuvenil, estudantes de música que atopen un espazo dentro do festival, etc. Tamén é un gancho para aquelas persoas que visitan Vigo nesas datas, como se vai constatando edición tras edición. A participación nestas actividades, nalgúns casos, precisará dunha inscrición previa a través do teléfono 010, dende o venres 21 ata as 14:00 h do venres 28.

As entradas para os concertos de pagamento – auditorio municipal e salón de actos do Marco- están a no servizo de Servinova ou no teléfono 902.504.500). Os concertos na praza da Constitución serán de acceso libre e, en caso de inclemencias metereolóxicas, a organización poderá decidir o seu traslado ao teatro Salesianos, con entrada libre ata completar aforamento.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.