Comarcas

A Xunta aproba o peche de 22 escolas unitarias, entre elas A Baiuca, Chans, Albar e Piñeiro, na provincia

A Escola Unitaria de Taborda estaba en risco de peche

Un total de 22 escolas unitarias situadas nas catro provincias nion abrirán xa o curso que ven por non reunir os seis alumnos de matrícula que estipula a Consellería de Educación para manter un centro.

As escolas que se pecharían na provincia de A Coruña son Bealo (Boiro), Corcoesto (Cabana de Bergantiños), Vilela (Carballo), Herves (Carral), Regoelle (Dumbría), Vilanova (Miño), Uzas (Ordes), Igrexa-Beán (Ordes), Cando de Arriba (Outes), Boavista (O Pino), Ponteceso, Vacariza (Rianxo), Freixeiro (Santa Camba), Montouto (Santa Camba) e Vilaboa (Valdoviño).

Na provincia de Lugo non chega a seis alumnos a día de hoxe o CEIP Aníbal Otero (Ribeira de Piquín); e na de Ourense non cumpre a ratio mínima a escola de Éntoma (O Barco de Valdeorras) e a de Dacón (Maside).

Pola súa banda, na provincia de Pontevedra pecharía a escola unitaria de A Baiuca (Catoira), As Chans (Nigrán), a Albar (Poio), e a de Piñeiro (Tomiño), segundo a relación provisional de centros dada a coñecer pola Consellería de Educación, que subliña que unha decena dos centros teñen tres ou menos alumnos.

Nun comunicado, Educación xustifica que mantén o mesmo criterio de seis estudantes que aplicou na pasada lexislatura para que un centro continúe aberto e o contrapón con que o bipartito de socialistas e nacionalistas, que gobernou entre 2005 e 2009, chegou a pechar escolas con nove alumnos «en tempos de bonanza». Ao respecto, alude a que durante o bipartito, «cunha boa situación económica e un índice de natalidade máis alto», se chegaron a pechar 81 escolas unitarias.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.