Vigo al minuto

O Concello ofrece asesoramento gratuito aos afectados polas clausulas solo das hipotecas

Dende hai dúas semanas, a Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC), localizada no segundo andar do Concello, ofrece información e apoio aos afectados por cláusula solo na hipoteca. Tras a sentencia do Tribunal Supremo anulando esta cláusula por consederala abusiva, o Concello puxo en marcha unha campaña para asesorar e apoiar aos afectados.

As personas que se dirixan á OMIC recibirán información e un formulario tipo para presentar ante a entidade bancaria para reclamar, no seu caso, a anulación da cláusula, un novo cálculo da cota de pago e a devolución do cobrado anteriormente en aplicación da mesma.

O alcalde asegurou este xoves que, se o banco non atende á reclamación, o Concello tamén ofertará asesoría para un eventual seguinte paso pola vía xudicial. A Oficina Municipal xa apoiou a un número «significativo» de afectados nestas dúas semanas de actividade.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.