Galicia

Profesionais da sanidade de Vigo alertan, «os recortes afectan seriamente á saúde dos cidadáns»

Urxencias do Xeral

Máis de 350 médicos e enfermeir@s do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) asinaron unha carta na que manifestan o seu rexeitamento aos recortes e alertan de que estes “afectan seriamente á saúde dos cidadáns, ademais de provocar aumentos en listas de espera e demoras para consultas e probas”.

Os profesionais salientan que un dos principais problemas é o «incremento da lista de espera”, que situaron en 19.521 pacientes «á marxe dos de Povisa, que poderían ser unhas 5.700 máis”.

Á marxe, advirten que o novo  hospital vaise construr, “se se fai” con 70.000 metros cadrados menos dos previstos o cal significa que “mentras que aseguraron que solucionaría as carencias de espazo e atención da área sanitaria de Vigo, en poucos anos non será suficiente para cubrir todas as súas necesidades”.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.