Comarcas

A Asociación A Groba denuncia a execución da obra dunha fosa séptica no centro de Gondomar que afecta ao río Miñor

A Asociación A Groba está a denunciar a execución dunhas obras de depuración que afectan ao curso do río Miñor, no centro de Gondomar situadas ademáis nun espazo público. Augas de Galicia iniciou as obras para a construcción de tres depósitos de decantación que terán tres metros de altura e que o seu funcionamento “carrexará graves problemas na zona” indican os voceiros de A Groba.

O espazo no que se está a acometer esta actuación por parte de Augas de Galicia é unha zona verde pública e de protección de ribeiras. O enclave é zona protexida polo que atenta contra a normativa de cauces fluviais.

O obxectivo destas obras é a construcción dun tanque de tormenta que alivie a carga de auga que chegue a pranta de depuración pero “non se atalla o problema real” segundo indican os voceiros de A Groba  “que é dimensionar axeitadamente a depuradora” “non se poden adicar 3 millóns de euros, dos que o 70% son fondos europeos a unha obra que dana seriamente á poboación de Gondomar”.

As obras estanse a acometer na zona na que estaba previsto iniciar o paseo peonil dende Gondomar á Ramallosa. A actuación ocupará terreo verde de esparcimento público elevándose a construcción uns 3 metros sobre a beirarrúa.

A asociación A Groba plantexa unha serie de interrogantes, ademáis do pouco axeitado da actuación,  “¿qué vai ocorrer cando a depuradora non dea evacuado toda a auga do tanque?” “¿qué vai pasar coas enchentas de agua que desbordan o río?”. Actualmente o estado do rio Miñor o seu paso por Gondomar non está en boas condicións, o bosque de ribeira está moi deteriorado pero as augas discurren limpas ata a depuradora. Estas obras suporían estragar o leito do río 2 kilómetros.

Un dos obxectivos principais dos Fondos da Unión Europea é o de mellorar o entorno  natural e a calidade medioambiental, segundo A Groba, esta actuación “incumple este obxectivo fundamental”. Veciños da zona afectada polas obras e de todo Gondomar e membros de A Groba asistirán o vindeiro xoves o pleno do Concello de Gondomar para denunciar a execución destas obras.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.