Vigo al minuto

O departamento de Tradución da Universidade, desenrola un sistema de axuda a vítimas de violencia machista

O 016 é un número gratuito, funciona as 24 horas do día e non se reflicte na factura

Responsables do departamento de Tradución e Interpretación da Universidade de Vigo presentaron á secretaria xeral da Igualdade un proxecto para a formación de intérpretes especializados no traballo con vítimas estranxeiras de violencia de xénero.

A iniciativa, SOS-VICS, busca crear recursos de formación para intérpretes no ámbito específico da violencia machista, de xeito que poidan actuar como pontes na comunicación no ámbito da violencia de xénero achegando precisión e profesionalidade.

Segundo informa o gobernó galego, o proxecto desenvolverase en Galicia, Catalunya, Valencia, Castela- León, Andalucía e Canarias, co obxectivo de que a metodoloxía e os resultados poidan aplicarse noutras comunidades, mesmo outros países da UE que teñan características relativas á poboación estranxeira vítima de violencia machista similares ás que se dan en España.

Un total de 9 universidades españolas están involucradas na iniciativa: a de Vigo, que é a coordinadora, e as de La Laguna, Alcalá, Vic, Jaume I Castellón, Alicante, Salamanca e a Autónoma de Barcelona.

O proxecto SOS-VICS é o primeiro destas características que se desenvolve dentro da Unión Europea, se ben outros países como Estados. Canadá ou Australia están a realizar estudos semellantes.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.