Galicia

Concerto homenaxe a ‘Fito’ Domínguez, en Redondela, con Treixadura e A Roda

Os grupos folk A Roda e Treixadura renderán unha homenaxe o próximo martes , día 28, no Auditorio Multiusos da Xunqueira, en  Redondela (8 da tarde) ao cantante e fundador de A Roda, Fito Domínguez, falecido en setembro do ano pasado. O concerto, gratuito, forma parte da campaña «Mil festas máis para a lingua galega», promovida pola Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, e a colaboración do Concello de Redondela.

O presidente desta asociación afirmou en rolda de prensa que  trátase dunha homenaxe “máis que merecida” a un home que durante toda a súa vida “dignificou o idioma galego”. Xosé González, explicou que “Mil festas máis para a lingua galega» foi creada hai seis anos e está dirixida principalmente ás comisión de festas dos máis de 300 concellos galegos coa finalidade de que axuden a potenciar a nosa cultura.

González subliñou que, en moitos casos, “hai una marxinación da nosa cultura” que escluese nestas festas e a intención é que “volvan a lugares de rencontro dos galegos coa súa identidade e focos dendo os que divulgar o noso patrimonio cultural».

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.