Galicia

Air Nostrum ofrecerá 100.000 prazas dende os aeroportos galegos este verán

Air Nostrum amplía este verán a súa operación nos aeroportos galegos e ofrecerá case 100.000 prazas ao longo da tempada, o que supón un aumento dun 29% respecto a o ofertado o ano pasado.

Segundo explica a aerolínea, operará dende Santiago seis rutas, tres máis que o ano pasado. En concreto, mantense o enlace con Bilbao que se opera todo o ano, incorporouse dende o 4 de maio a ruta con Mallorca e recupéranse as conexións con Tenerife e Las Palmas de Gran Canaria.  Ademais, este ano incorpóranse novas rutas de marcado carácter vacacional para as semanas centrais do verán, a Fuerteventura e Lanzarote.

Durante dous meses completos, do 1 de xullo ao 1 de setembro, Air Nostrum voará a diario a Tenerife, enlace que disporá de 11.520 prazas, é dicir un 43% de incremento interanual. Tamén rexistrará un aumento da oferta de prazas a conexión con Gran Canaria. Do 19 de xullo ao 1 de setembro se ofertan 9.000 prazas, o que supón case duplicar os asentos ofertados en verán de 2012. Haberá todos os días voos á illa e, como novidade, introdúcense frecuencias nocturnas adicionais os fins de semana do 3, 10 e 17 de agosto para ampliar a capacidade da ruta.

Mentres, dende o 4 de maio Air Nostrum oferta a ruta con Mallorca os sábados. A partir do 19 de xullo e ata o 1 de setembro operaranse tres voos semanais, os mércores, venres e domingos. No conxunto da tempada ofreceranse 7.420 prazas. Este voo, ademais, permite conectar dende Mallorca con Ibiza e Menorca.

Dende Vigo, Air Nostrum operará catro rutas. Mantén a operación con Bilbao e incorporará destinos ás illas durante as vacacións, Las Palmas de Gran Canaria e Tenerife. Ademais complementará a oferta de Iberia na ruta de Madrid durante o mes de agosto.

Nas semanas centrais do verán, Air Nostrum unirá Canarias con Vigo mediante dúas frecuencias semanais, os xoves e sábados. Tanto na ruta con Grande Canaria como na que une Vigo con Tenerife o número de prazas ofertadas será de 2.340 prazas. A conexión con Bilbao será tamén de tres frecuencias á semana, os luns, mércores e venres.

A partir do 2 de setembro increméntase a oferta de prazas porque se cambia de módulo de avión, pasando a operar cun CRJ 900, mantendo as tres frecuencias semanais, os luns, mércores e venres. En total a ruta disporá de 10.820 prazas ao longo da tempada. O enlace de Vigo con Madrid suporá unha oferta de 3.800 prazas durante o mes de agosto nun horario complementario á oferta de Iberia.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.