Vigo al minuto

A Policía Local atendeu unha media de 70 chamadas ao día durante 2012

A Policía Local atendeu 70 chamadas ao día o ano pasado

A Policía Local de Vigo recibiu un total de 25.605 peticións de intervención ao longo de 2012, o que supón unha media diaria de 70 rexistros. Segundo datos que facilitou este luns o concelleiro de Seguridade, os meses de máis demanda foron maio e xuño, con 2.175 e 2.304, respectivamente. Por contra, os meses con menos solicitudes foron xaneiro e febreiro. A media semanal de servizos demandados foi de 2.133, concentrándose, en maior medida, as fines de semana. Concretamente, o sábado é o día con maiores incidencias, con 4.719 solicitudes, seguida dos venres, con 3.952 chamadas.

Segundo o concelleiro, no que se refire á distribución horaria, o maior número de entradas telefónicas na central de comunicacións da Policía Local rexístrase no turno de tarde, cun 41,52% sobre o total diario, seguido do turno de mañá, cun 33,68%. Na quenda de noite a porcentaxa baixa a un 24,79%.

Respecto dos motivos dos requerimentos, o maior número de entradas é por seguridade cidadá, con 7.420 rexistros, a continuación irían as intervencións de tráfico, con 3.865 e accidentes de tráfico, con 3.839 chamadas rexistradas no ano 2012. Os casos de violencia de xénero no ámbito familiar supuxeron 522 requerimentos, ademais de 774 intervencións por problemas veciñais. O número de servizos humanitarios demandados alcanzaron a cifra de 974 casos.

O responsable local de Seguridade apuntou que, segundo o reparto territorial dos servizos, o maior índice de solicitudes de intervención comprende a zona das rúas Travesía de Vigo, Urzáiz, Gran Vía – ata a Praza de España -, Avenida de Europa, o  Calvario, a zona do Seminario e a rúa Cantabria. O total de chamadas nesta área é de 5.794.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.