Vigo al minuto

Os traballadores de Unísono inician unha acampada na Gran Vía

@s traballador@s de Unísono, plantando as tendas no medio da Gran Vía, este mércores

A  Confederación Intersindical Galega (CIG) convoca unha serie de mobilizacións contra a intención de Unísono de aplicar un Expediente de Mobilidade Xeográfica a 97 persoas do centro de traballo de Vigo, “que deberán desprazarse a Madrid ou aceptar o despedimento cun tope de nove meses”.

Hoxe mércores deu comezo unha acampada diante da empresa, na Gran Vía, e para mañá xoves hai convocada unha xornada de folga e unha manifestación até a delegación da Xunta (8 da tarde).

As protestas son unha resposta ao proceso de mobilidade posto en marcha pola compañía de telemárketing “para desfacerse do persoal indefinido máis antigo do centro de Vigo e do xeito máis barato posíbel, xa que ademais en Madrid a empresa está despedindo a persoal con contrato por obra de varias campañas alegando baixada de volume de traballo, polo que non habería opción real de recolocación para todo o persoal”.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.