Vigo al minuto

A Xerencia de Urbanismo suspende as licenzas de Finca do Conde

O concelleiro de Urbanismo, José Mariño
O concelleiro de Urbanismo, José Mariño

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo aprobou hoxe a proposta de acordo de suspensión de licenzas en Finca do Conde, polo que dito ámbito sufrirá unha modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbanística de Vigo, segundo anunciou o concelleiro de Urbanismo e Vivenda. José Mariño engadiu que, unha vez aprobada en Pleno a proposta, haberá que concretar a medida que se levará a cabo en dito ámbito, «donde se busca a legalidade urbanística para non incurrir nunha irresponsabilidade e novos problemas e sentenzas».

Una nova licenza na Finca do Conde, en lugar da suspensión aprobada, suporía caer nos mismos erros que levaron a sentenzas dos tribunais en contra da licenza que levarían a ilegalidades urbanísticas que motivarían derribos e o pago de importantes compensacións económicas. De acordo co aprobado hoxe na Xerencia Municipal de Urbanismo, quedan anuladas todas as licenzas e o planeamento na citada finca. De esta maneira, a partir de agora, se traballará na nova propuesta que busque resolver os problemas xudicais que ten dito ámbito e os dotacionais que ten a cidade, subliñou Mariño.

O informe da proposta sobre o acordo de suspensión basease ante todo en que se traballe dentro da legalidade, supoña o menor dano aos cidadáns e o maior beneficio en asuntos dotacionais. Nese senso, o concelleiro de Urbanismo fixo fincapé en que a proposta está supeditada a que teña «seguridade xurídica«.

O concelleiro de Urbanismo aclarou que todos os informes de proposta nas diferentes fases do Plan Xeral iban firmados polo xerente de Urbanismo, «porque se é competente para facer as propostas de aprobación de todo un plan xeral, porque non é competente para modificar un 0,1% so mesmo?«.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.