Galicia

Se tes entre 9 e 35 anos de idade xa podes solicitar unha da 8.192 prazas para os campamentos de verán da Xunta

Os campamentos xuvenís e as actividades que a Xunta organiza na súa campaña de verán ofrecerán este ano un total de 8.192 prazas para nenos a partir de 9 anos e para mozos ata os 35 anos de idade.

O director xeral de Xuventude e Voluntariado presentou este martes a campaña de 2013, á que se destinará unha partida de 2,3 millóns de euros e na que o Goberno galego prevé a contratación de máis de 900 monitores e directores de tempo libre.

O prazo de inscrición xa está aberto — arranca este martes, coa publicación da iniciativa no Diario Oficial de Galicia (DOG)— e os interesados poderán presentar as súas solicitudes ata o 17 de abril e, posteriormente, se fará un sorteo ante notario para adxudicar as prazas.

En concreto, para os menores de entre 9 e 17 anos de idade, haberá 4.990 prazas en campamentos de verán en Galicia, ás que se suman outras 173 noutras comunidades e outras 271 que se reservan para os menores con minusvalidez, tutelados ou fillos de mulleres vítimas de violencia machista. Haberá varias quendas, de entre 8 e 12 días e a praza inclúe o programa de actividades, o aloxamento, a manutención, o material e a atención sanitaria.

A maiores destas prazas de xestión directa, Xuventude oferta o uso das súas instalacións entre o 15 de xuño e o 30 de setembro a asociacións xuvenís, entidades prestadoras de servizos á xuventude, escolas de tempo libre, concellos e novos non asociados. Con esta fórmula, indica a Xunta, poñen a disposición 1.815 prazas en 12 instalacións de toda Galicia.

Para os maiores de 18 e menores de 35 anos, se poderán en marcha varias iniciativas cun total de 393 prazas na costa e no interior. Entre estas están o programa ‘H2O+18: Barrancos do Miño’ ou ‘Surfeando no Cantábrico’ e outros que inclúen actividades deportivas e de coñecemento da cultura da auga galega, como o barranquismo, o kaiak, a escalada ou o senderismo.

Así mesmo, a poderá en marcha o proxecto ‘Conecta Galicia’, un programa rotatorio de convivencia entre participantes galegos e da Galicia exterior. Neste capítulo resérvanse 180 prazas, entre as que se inclúen as deste programa e 20 de campos de traballo. Esta última alternativa, destinada tamén a maiores de 18 anos, ofrece 310 prazas, busca fomentar «a convivencia, a participación e a tolerancia a través dunha colaboración desinteresada e voluntaria».

En Galicia organizaranse campos de traballo sobre conservación ambiental nas Illas Cíes; sobre etnografía en Lalín; sobre medio en Vilar de Ordelles e Muíños; sobre bioconstrucción en Vilar de Barrio; sobre contidos audiovisuais en Celanova e sobre cultura e etnografía en Ponteceso. Haberá campos arqueolóxicos en Boqueixón e Rois e de emprendemento en Palas de Reis.

Estas alternativas, explicou o director xeral, están a disposición dos novos galegos e doutras comunidades e países, como Francia, Alemaña, Grecia, Italia, Corea del Sur ou Xapón. Ao mesmo tempo, os galegos poderán acudir a actividades organizadas noutros lugares de España e en países como Francia, Alemaña, Finlandia, Italia, Países Baixos, República Checa, Portugal, Xapón, México, Corea del Sur ou Taiwán. En total son 225 prazas, 89 noutras comunidades e 136 no estranxeiro.


 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.