Comarcas

BNG, PSOE e ACIP, retoman as negociacións para facerse co goberno de Ponteareas

O actual alcalde, o popular Salvador González Solla

Os grupos da oposición en Ponteareas, BNG, PSOE e Alternativa Cidadá de Ponteareas (ACIP), reuniranse este luns, ás 9 da noite, para dar o último paso cara á presentación da moción de censura que apartaría da Alcaldía ao popular  Salvador González Solla.

O pasado xoves, o secretario xeral dos socialistas pontareáns, Delfín Domínguez, asegurou en Via RTV, que a moción xa solo dependía da postura do BNG, que asumiría a dirección do concello na persona do seu voceiro, Xosé Represas, e que logo de meses de negociaciones había varios puntos que tiñan aceptado os tres grupos da oposición. Entre eles, Delfín Domínguez sinalou un novo plan económico que evitase a ‘disolución’ do concello, logo de que o Goberno central rexeitase o plan de axuste presentado por González Solla; o estudo dun novo plan de urbanismo, que en Ponteareas non foron quen de acometer en tres mandatos, e unha rexeneración democrática do concello, “é preciso abrir as fiestras para que entre o aire”, asegurou Domínguez, quen tamén é secretario xeral do PSdG de Pontevedra.

Ademáis, tamén hai acordó sobre a conformación do futuro gobernó local, na que habería tres representantes do BNG, dous de PSOE e dous de ACIP. O devandito órgano sería o encargado de adoptar, de forma consensuada, os acordos relativos ás áreas de Persoal, Facenda e Urbanismo.

En todo caso, os socialistas salientan que, unha vez que se retomen os contactos, haberá que “restablecer a confianza entre os promotores da moción de censura” e que, en calquera caso, a última palabra será dos militantes socialistas que terán que aprobar ou non os acordos adoitados; ademáis, o programa de gobernó deberá aprobarse polas direccións socialista e nacionalista en Santiago.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.