Vigo al minuto

#VigoIguala, maratón de chíos pola igualdade

Con motivo da conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, o Consello Municipal da Muller e maila Concellería de Igualdade de Vigo convocan o Maratón de tweets pola Igualdade de xénero #VigoIguala. Esta iniciativa trata de aproveitar a forza actual das redes sociais, neste caso o Twitter, na loita contra as desigualdades de xénero e agardase que teña unha boa aceptación e unha ampla resposta social.

Segundo informan dende o Concello de Vigo, o obxectivo fundamental desta iniciativa é incrementar a concienciación e a sensibilización da cidadanía sobre a importancia de superar as diferencias de xénero e visibilizar as vantaxes da igualdade e todas as achegas que as mulleres teñen feito e fan para o avance da humanidade.

Os chíos terán que tratar pois sobre: os dereitos das mulleres, a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, amosar as achegas que ao longo da historia fixeron e fan as mulleres, ben de xeito individual ou colectivo, ou sobre o papel que desenvolveron as mulleres tanto no ámbito público como no privado.

Facemos un chamamento a todas as persoas e entidades para que envien os seus chíos a prol da consecución da Igualdade real entre mulleres e homes.

Para poderen ser tomados en conta os tweets deberán incluir o hashtag #VigoIguala e facer mención a @igualdadevigo. Os tweets presentaranse unicamente a través do Twitter, non fai falta inscribirse. Non hai límite de tweets, polo que cada persoa ou entidade pode xerar o número de chíos que desexe.

O maratón comeza dende hoxe  e finaliza o 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres (ambos incluídos).

Durante ese período, a organización fará un seguimento dos chíos xerados e ao finalizar o maratón realizará unha selección co obxecto de crear un videotweet. Os criterios que se terán en conta para a selección serán: contido e tratamento do tema, orixinalidade, e capacidade de impacto da mensaxe.

A organización divulgará os tweets seleccionados a través dos medios de comunicación, redes sociais da Concellería de Igualdade (web, facebook, twitter).

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.