Vigo al minuto

O Concello quere recuperar os humedáis da Bouza, San Andrés e O Vao

A concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago, durante a presentación do seu plan.
A concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago, durante a presentación do seu plan.

A concelleira de Medioambiente, Chus Lago, anunciou que o seu departamento realizará melloras nos humedais da Bouza, de Goberna-San Andrés e do Vao para revalorizalos e dalos a coñecer á cidadanía viguesa. Segundo indicou, en dous meses estará rematado o estudo dos humedais e iniciarase a divulgación dos mesmos mediante trípticos, carteis informativos e incluso barállase a posibilidade de habilitar un paseo para ser visitados.

A edil socialista explicou que está a elaborar un informe pormenorizado para analizar a flora e a fauna que neles habitan e o efecto do entorno urbano sobre os mesmos.

Segundo indicou Chus Lago, as accións de preservación, revalorización e divulgación concretaranse unha vez estea rematado o estudo, ainda que xa avanzou algunhas medidas, como a edición de trípticos informativos, a instalación de cartelería e a posibilidade de habilitar un paseo para facilitar as visitas da cidadanía. A opción das visitas dependerá do impacto que poida ter para a fauna dos humedais.

O humedal da Bouza con 6.000 metros cadrados é o máis pequeno dos tres e tamén o máis urbano. O de Goberna-San Andrés conta con 22.000 m2 de superficie e é zona de paso para as aves. Por último, o do Vao, con 40.000 metros cadrados é o maior e sirve como espazo de aniñamento da fauna.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.