Galicia

O ex director xeral da Mariña Mercante insiste en que o desastre do ‘Prestige’ foi culpa do seu capitán

O que era director xeral da Mariña Mercante o día do naufraxio do ‘Prestige’indicou, na última sesión do seu interrogatorio no xuízo pola catástrofe marítima, que o barco «non cumpría as esixencias da normativa vixente para levalo a un porto refuxio” e, ademáis volveu a negar que non se considerou que fose á Ría de  Corcubión a causa dos ventos.

«O barco non estaba para movelo de acá para alá», precisou José Luis López Sors, quen culpou o capitán, Apostolos Mangouras, e a empresa de rescate Smit, contratada polo armador, dos atrasos no remolque ou nas decisións a partir do día 15. Así, sostivo que embarrancaría «se non actuase a Administración española».

López Sors xustificou de novo o afastamento e engadiu que, “de achegalo ao litoral galego, os danos serían enormes en diñeiro, en riqueza e en tempo pola permanencia da contaminación na costa», e puxo coma exemplo o ‘Exxon Valdez, “embarrancou na costa e afectou ao dobre de lonxitude que o Prestige”, asegurou.

A toma de declaracións dos acusados concluíu este mércores con Sors, motivo polo que o xuízo se continuará o próximo 11 de decembro coas testificales, entre elas a do excapitán marítimo de A Coruña, Ángel del Real, e o que era responsable do Centro de Control de Tráfico Marítimo de Fisterra, José Pose.

O exdirector xeral da Mariña Mercante, que insistiu no «perigo de afundimento» do buque, achacou ao capitán o atraso na actuación para intentar remolcar o barco, e engadiu que “esas tres horas se converteron en 15 ao pasar do día á noite».

Asimesmo, o ex director xeral confirmou que a decisión de manter o afastamento do barco, unha vez que se conseguiu a súa estabilización, “se tomou tras conseguir o arranque da máquina e despois de descartar outras opcións”.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.