Vigo al minuto

Caballero anuncia que pedirá cinco carreiras para a sede da UNED en Vigo

O alcalde, que visitou este martes á sede da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED), anunciou que as contas municipais para 2013 incluirán partidas para «incorporar cinco carreiras que se estuden desde a UNED de Vigo», ademáis de impartir cursos de acceso. Caballero indicou que a aula viguesa «está a disposición da UNED»en Pontevedra para que inmediatamente comecen as clases».

Tras unha visita ás dependencias, o alcalde  apuntou que a UNED de Pontevedra ten o aula a súa disposición desde o 6 de novembro, data na que o goberno local rubricou o convenio definitivo de apertura co compromiso económico e de cesión. O Concello continúa agardando á devolución asinada do acordo e á apertura da sede viguesa: «desde ese momento está a disposición da UNED de Pontevedra para que, inmediatamente, comecen as clases», explicou.

Caballero afirmou que o local está «perfectamente acondicionado» e a sede abrirá con cargo exclusivo ao Concello, que adicará uns 100.000 € anuais á mesma e lembrou que  “houbo discrepancias» co Padroado da UNED pois, na súa opinión, puxo «inconvintes» na sede xurisdiccional, a comisión de seguemento e o nomeamento da dirección da sede, diferencias finalmente solventadas.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.