Destacados Vigo al minuto

Caballero mediará coa Xunta para solucionar os problemas da Escola Oficial de Idiomas

Reunión co alcalde.O alcalde de Vigo entrevistouse este xoves cunha representación do profesorado e do alumnado da Escola Oficial de Idiomas de Vigo, entidade educativa que sufriu este curso reducción de plantel e de clases. Segundo sinalou Caballero, esta modificación realizada pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia impediu a matriculación de 700 alumnos, polo que pedirá ao Conselleiro diálogo coa Escola para solventar esta situación.

Segundo indicou o primeiro edil en rolda de prensa, os responsables da Escola trasladáronlle o seu «disgusto» con Educación por ter cambiado horarios, reducido clases e tamén profesorado, o que impediu a matriculación de 700 potenciais alumnos. Caballero, quen xa mantivo un encontro co conselleiro no que abordouse esta cuestión, solicitará a Vázquez acadar acordos coa EOI de Vigo.

Abel Caballero subliñou a relevancia da educación como «o mellor legado» para as novas xeración, polo que o Concello ampliou este ano as bolsas educativas para estudar no estranxeiro.

En total, 250 escolares da ESO viaxarán este verán ao Reino Unido bolsados polo Concello para estudar en inglés, e os 100 mellores expedientes da Escola Oficial de Idiomas tamén poderán estudar fóra das nosas fronteiras, maioritariamente en inglés, pero tamén noutros idiomas como o francés, o alemán ou o portugués.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.