Non deixou lugar a dúbidas das súas intencións e, con esta frase e con esta outra. “ o apoio a AGEpermite romper o xogo, modificar rotundamente a composición do Parlamento, coa entrada por primeira vez en moitos anos do «nacionalismo que non xoga no Parlamento de cartón a operar no marco do sistema, senón que quere transcendelo, combinado coa esquerda social en termos políticos», avisou do que será a súa acción parlamentaria.
Xosé Manuel Beiras volta ao Pazo do Hórreo dez anos despois e empeza a súa laboura de oposición adevertindo que «a derrota do PP vai ser segura» e sinalando un novo camino coa irrupción de Alternativa Galega de Esquerda no Parlamento de Galicia.
Beiras, o grande gañador deste domingo, denunciou que a maioría renovada do PP prodúcese porque o PSdeG e BNG, nos últimos tres anos, non fixeron o seu traballo, “nos conseguimos reactivar á sociedade e a rebelión cívica está en marcha», sentenciou asegurando que está «convencido de que nos próximos días comeza un novo ciclo histórico no país».
O líder de Alternativa Galega de Esquerda subliñou que a súa formación conqueriu «ter uns resultados en votos e número de escanos que significan unha derrota electoral para o PP». Neste sentido, esgrimiu que «non hai que fiarse dos resultados aparentes», xa que «o PP vai manter a súa maioría de escanos porque as dúas forzas políticas na pasada lexislatura na oposición non obtiveron o apoio que terían de facer o seu labor na oposición».
Beiras achacou os resultados aos «continxentes» de persoas que se sumaron «por todo o país e a que a sociedade, que estaba activa, atopou nesta alternativa o referente político» fronte á «brigada de demolición do Goberno de Feijóo”.
