Galiza Nova convoca unha folga estudiantil o vindeiro 17 de outubro

A organización xuvenil, Galiza Nova, vén de anunciar publicamente a convocatoria dunha xornada de folga estudantil para o 17 de outubro en contra dos recortes do PP no ensino público. Galiza Nova considera que a aprobación dunha nova Lei educativa no Consello de Ministros do pasado venres, precipitou a convocatoria dunha máis que «necesaria» xornada de folga contra o modelo educativo do Partido Popular.

Segundo Iria Aboi, Secretaria Xeral de Galiza Nova, esta convocatoria servirá para rexeitar unhas políticas educativas que “degradar ao máximo o ensino público e a igualdade de oportunidades a través da elitización da educación». Aboi sinala en referencia ao anteproxecto de Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa que “esta lei é unha aberración pedagóxica e unha volta ás bases educativas do franquismo”.

Galiza Nova criticou duramente a xestión do ensino por parte do PP na Xunta de Galicia, durante esta lexislatura. “Nunca se sufriron tanto as consecuencias dun Goberno como o de Núñez Feijóo que converteu estes tres anos nun auténtico trienio negro para o ensino público” reiterou a secretaria de Galiza Nova quen amosouse  convencida de que o estudantado galego rexeitará na rúa” todos os recortes aplicados polo PP nestes últimos meses.

A convocatoria para o 17 de outubro, compartida tamén pola organización estudantil Comités, busca ser “o máis masiva posíbel e para iso pretendese o apoio da comunidade educativa e de todos os colectivos e sectores”. Do mesmo xeito, desenvolverase unha “campaña informativa e axitativa nos centros” e na próxima semana concretarase as mobilizacións “nas cidades e principais vilas de Galicia coa idea de que nesta xornada se poida repetir o éxito da folga estudantil do pasado 10 de maio”, impulsada por estas mesmas organizacións, e que contou cun seguimento de máis de 10.000 persoas nas mobilizacións.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.