Vigo al minuto

Os traballor@s de Hermanos Rodríguez cumpren máis dun mes en folga

(foto: web CIG)

Os traballador@s de Hermanos Rodríguez Gómez, empresa dedicada á maquinaria industrial cun cadro de persoal de 60 persoas e radicada en Vigo dende 1960, levan xa máis dun mes en folga para reclamar o pago dos máis de sete meses de salarios que se lles adebeda, ase coma para evitar o peche da súa actividade.

Segundo informa este mércores o sindicato CIG, dende hai varias semanas manteñen vixiadas as instalacións da compañía, no peirao de Bouzas, en quendas de 24 horas para evitar a saída de material, mentres que para o vindeiro luns teñen convocada unha nova manifestación.

Dende o comité de empresa explican que adoptaron a decisión despois de que os problemas para cobrar iniciados hai meses se agudizasen nos últimos tempos. A duración dos paros foi inicialmente de dúas horas diarias, mentres que na actualidade esténdense xa a media xornada.

(foto: web CIG)

Ao mesmo tempo, un nutrido grupo de traballador@s concéntrase todos os días fronte á compañía e mantén as instalacións vixiadas en quendas de 24 horas para evitar que o propietario poida sacar maquinaria ou material, como xa intentou con anterioridade.

Os representantes do cadro de persoal denuncian tamén que a compañía vén de presentar un ERE extintivo para todos os empregad@s e anuncian que seguirán coas mobilizacións no caso de que a empresa continúe sen abonarlles os soldos.

De feito, o vindeiro luns celebrarán unha manifestación que partirá ás 11:00 horas do colexio Santiago Apóstol para rematar fronte á sede de Asime.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.